Adegas Xangall
  • Inicio
  • Sobre nós
  • Os nosos viños
    • Xangall
    • Lar dos Soños 2011
  • Galería fotográfica
  • Información de contacto
    • Contactar
    • Localización
Portada » Sobre nós

Sobre nós

Nunca imaxinei que o viño sería o meu mundo e facer viño, a miña pasión. Casei cun arbense de familia de colleiteiros, e decidín continuar a tradición da miña familia política; pero á miña maneira. Coa axuda da miña filla Mencía e o meu marido Menuel, apostamos pola producción ecolóxica e somos a única adega destas características no Condado do Tea. Coido as viñas empregando  tratamentos que elaboro con ortigas, eucalipto, saúco, consolda e salvia; hervas que tamén cultivamos e y colleitamos. Xangall significa coidadoso, amoroso, coma a nosa forma de facer as cousas .

Begoña Troncoso

 

Os terreos

Nas dúas hectáreas de viñedo que estamos traballando non se utiliza neñún tipo de sustancia de síntesis química nin como abonado do solo.

Para o mantenimento das necesidades nutritivas das cepas traballamos coa incorporación da materia que procede da propia parcela.

 

A Colleita

Para o traballo especifico do solo todo xira entorno a observación do solo, de todo o que alí se desenrola y polos ritmos que nos rodean, planetas, astros e estrelas e de como os seus movementos inflúen no comportamento dos seres vivos.

Utilizamos a técnica da biodinámica e os preparados biodinámicos. Para protexer as cepas das súas enfermidades empregamos unhas dosis baixas de cobre e azufre en po, e preparados elaborados con plantas e extraccións hidroalcohólicas que son fundamentáis.

 

O viño

A base do proxecto é elaborar o mellor producto que pode dar a viña cada ano tendo en conta as características do clima, polo que a maioría do esforzo invirtese na terra e no seu coñecemento, e no coidado das cepas con métodos naturáis.


Begoña e Mencía

Begoña e Mencía

Uvas  biodinámicas

Uvas biodinámicas

Corredor ecolóxico, viñedo e manto seco polo clima, ao natural

Corredor ecolóxico, viñedo e manto seco polo clima, ao natural

Sobre nós

Somos unha adega familiar ubicada en Arbo, Pontevedra.

Xangall

Proba o noso Albariño D.O. Rías Baixas.

Lar dos Soños

Albariño ecolóxico. O noso proxecto máis persoal.

Chámanos

Podes contactar con nós no teléfono +34 986 665 130.

© 2013 Adegas Xangall | Deseñada por Fernando Coello - Índice Comunicación